|
|
||||||||||||||||||||||||
|
A actividade fundamental está baseada na coordinación dos responsables de organización da festividade de San Sebastián e a súa Danza. Cando se fala de organización referímonos ás dúas vertentes que necesariamente conflúen nesta celebración: a Asociación Cultural San Sebastián e o Mordomo/a da festa. No que se refire á Asociación Cultural San Sebastián, esta se rexe polos seus estatutos, aprobados polo Goberno Civil de Pontevedra con data 19 de xullo de 1993, e concretamente polos artigos 2º e 3º, que son deste teor: Artigo 2º: Os fins da Asociación serán:
Artigo 3º: Para o cumprimento dos fins do artigo anterior, a Asociación organizará as seguintes actividades:
Do anterior infírese que ao Mordomo/a da Festa, que anualmente nomea o párroco, correspóndelle o lado relixioso do acto, que consistirá en liñas xerais en:
Como ofrenda relixiosa que é, o Mordomo/a verá de empregar do mellor xeito posible as achegas económicas de todos os fregueses na consecución dos fins anteriormente enunciados. Neste sentido, se concorrese algunha circunstancia especial que impedise o nomeamento do Mordomo/a previsto anualmente, a Asociación Cultural San Sebastián levará a cabo a celebración da festividade con cargo aos fondos dos que dispoña no momento no que o feito se produza. Para que as futuras celebracións non desmerezan do seu cometido, constituirase unha Comisión, nomeada anualmente e formada pola Xunta Directiva da Asociación Cultural San Sebastián e o Mordomo/a, que vele polo anteriormente exposto, no sentido de que os problemas, principalmente de carácter organizativo, que poidan xurdir, sexan superados equitativamente polos integrantes da Comisión. |
||||||||||||||||||||||||
Desde esta Asociación se teñen desenvolvido actividades culturais (concursos de debuxo e literario) nos dous colexios da Parroquia de Aldán - CEIP de Espiñeira e Colexio Sagrada Familia - na procura dunha maior concienciación da importancia dun acto que ten na Danza o seu eixo central. |
|||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||
A Xunta Directiva da Asociación ten deixado en suspenso provisionalmente a celebración dos mencionados concursos, debido ao feito de que os traballos presentados amosaban unha continua reiteración, ano tras ano, nos temas centrais dos mesmos. Acórdase volver a celebralos baixo outra perspectiva e en contacto directo cos centros implicados. |