Presentación
Estatutos
Actividades
Proxectos
Achegas
Galería de fotografías
Colaboradores
Contacto

Aldán na súa historia: ca. 1250 - 1470

X. Martínez García

Os documentos medievais, especialmente os de carácter privado, os chamados documentos notariais, amosan sobre as cartas forais algunhas vantaxes que consisten, principalmente, no feito de que se tratan de documentos datados, localizados e que, ademais diso, fornecen algúns datos sobre os respectivos notarios. Se é certo que cada documento non deixa transparentar necesariamente a lingua falada dun lugar determinado (o lugar onde o documento é localizado), a análise dun número importante de documentos da mesma natureza permite, en moitos casos, chegar a configurar, delimitar grandes rexións relativamente ben definidas. As repeticións dos mesmos trazos lingüísticos en varios documentos escritos por diferentes notarios non pode deixar de ser significativo.

Documento completo en formato pdf (50 Kb.)

 

A Danza de Aldán

Paula Veiga Iglesias

A súa orixe ao igual que o seu posterior desenvolvemento musical e de execución está vencellado a dúas danzas de similares características do Morrazo -as de Darbo e O Hío na honra de Santa María (celebrada o 8 de setembro) e San Roque (16 de agosto)- ao Entroido de Cobres (Vilaboa) e a outras que se executaban nos barrios vigueses de Lavadores, San Roque, Castrelos e Candeán.

Todas as danzas mencionadas teñen un nexo común, presentan elementos similares como a música (a de Aldán é a mesma ca de O Hío), vestimenta, coreografía e lugar de execución (pazos e igrexas). Nun principio deberon pertencer a un solo rito e despois diversificáronse no momento en que cada parroquia contou cunha identidade propia.

Documento completo en formato pdf (179 Kb.)

 

A música da Danza de San Sebastián de Aldán

Rosa Pena Fernández

A Danza de San Sebastián vai indisolublemente ligada a unha música xerada por dous instrumentos fundamentais que se conxugan nela: a gaita e o tambor, conxunto que está moi presente na música tradicional espallada por toda a xeografía galega. Á música destes dous instrumentos únense as castañolas, tocadas polos galáns e que lle imprimen ó conxunto un son que envolve todo o ambiente e a todos os presentes que acoden a ver a danza. O posto do tambor, que marca os pasos fundamentais na mesma, era antigamente ocupado por unha caixa, por ser o son desta o que mellor respondía os movementos dos danzantes.

Documento completo en formato pdf (250 Kb.)